Pasar al contenido principal

Declaración Institucional do Concello de Cangas no 28X - Día do Orgullo LGTBIQ

FacebookTwitterShare
Declaración Institucional do Concello de Cangas no 28X - Día do Orgullo LGTBIQ

O Concello de Cangas asume e fai súa a Declaración Institucional da FEGAMP, polo Día do Orgullo LGTBIQ que dí o seguinte:

“Condenamos a discriminación ou calquera outra forma de violencia– tanto física como verbal e exercida contra calquera persoa ou colectivo- por razóns de orientación ou identidade sexual ou por calquera outra razón.

Cremos  na necesidade de afondar na educación da cidadanía sobre diversidade sexual polo que demandamos a posta en marcha de programas de concienciación e sensibilización que acheguen información á veciñanza.

Ratificamos o compromiso de facer dos nosos pobos e cidades espazos nos que os individuos podan desenvolver a súa sexualidade dunha forma íntegra e natural, independentemente da orientación ou identidade sexual propia”