Pasar al contenido principal

Convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia destinadas a asociacións veciñais

FacebookTwitterShare
Convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia para asociacións veciñais

O pasado venres, día 5 de xaneiro, fíxose pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde da Xunta na que se establecen as bases e a convocatoria de subvencións para o ano 2018 destinadas a asociacións veciñais, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Todas as agrupacións interesadas deben presentar as súas solicitudes por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Administración autonómica e que se pode atopar na seguinte dirección web: https://sede.xunta.gal. O Concello pon os seus recursos a disposición da veciñanza para axudar á tramitación destas axudas. É preciso salientar que as formacións que desexen optar ás mesmas teñen que facelo coa maior antelación posible, posto que o prazo esgótase tras un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.

Para que unha asociación se converta en beneficiaria é necesario que estea inscrita no rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, entre outros requisitos. Pola súa parte, as comunidades de usuarios de augas deben figurar no libro de rexistro de augas. Cómpre sinalar que este plan supón unha boa oportunidade para que os colectivos consigan axudas económicas para así poder realizar investimentos e conseguir melloras na prestacións dos servizos veciñais.

Descargas