Pasar al contenido principal

Conversas arredor do embarazo, parto e primeiros anos da crianza

FacebookTwitterShare
 Conversas arredor do embarazo, parto e primeiros anos da crianza

Póñense en marcha de maneira continuada as Conversas arredor do embarazo, parto e primeiros anos da crianza na dimensión psíquica da saúde e na procura da promoción e prevención da futura saúde mental dos nenos e nenas. 

Estas charlas, dirixidas a grupos de nais e/ou pais, estarán impartidas por Fernando Cabaleiro, profesional con experiencia no eido da Psiquiatría que se ofreceu de xeito voluntario a levar a cabo esta actividade. 

Todas as persoas interesadas pódense anotar xa na Casa da Xuventude: 986 39 21 71 / xuventude@cangas.gal