Constitución da mesa de traballo socio-educativa de Cangas
Este xoves, día 10 de maio de 2018, ás 09:30 horas, na Casa da Xuventude de Cangas, vense de constituír a mesa de traballo socio-educativa de Cangas.
Direccións e Responsables dos Departamentos de Orientación de todos os centros educativos de Cangas, públicos e concertados, de Educación Primaria e Educación Secundaria do Concello de Cangas, xuntamente con Inspección Educativa, Concellarías de Ensino e Servizos Sociais do Concello de Cangas, Técnicos/as de Servizos Sociais de Cangas, – Dirección, Asistente Social, Prevención, Educación Familiar, Atención Temperá -.., propiciaron a constitución deste Grupo de Traballo de ámbito municipal. Colectivo que nace a fin de unificar criterios de inicio de actuación, niveis de detección e definición dos mesmos, e que poderá contar puntualmente coa participación de distintos ámbitos socio-sanitarios.
Dúas cuestións fundamentais foron os obxectivos desta primeira xuntanza:
A.- MESA DE TRABALLO.- Créase a mesma, coa participación de todas as responsabilidades anteriormente indicadas, con periodicidade a determinar.
Asemade, a fin de contar con maior operatividade, deuse luz verde a unha Comisión Técnica, representativa dos distintos sectores educativos públicos e concertados (Direccións de centros públicos de Educación Secundaria e Educación Primaria, Dirección de Centro Concertado, Orientacións de Centros Públicos de E. Primaria e E. Secundaria, Orientación de Centro Concertado, así como as distintas responsabilidades de Servizos Socio-Educativas, baixo a coordinación do profesor José Antonio Area Santiago).
A primeira xuntanza desta Comisión celebrarase o vindeiro venres, día 1 de xuño de 2018, ás 09:30 horas na Casa da Xuventude.
B.- PLAN DE TRABALLO.- Catro liñas principais serán o eixo inicial de traballo desta Comisión Técnica:
- Acoso e Ciberacoso.
- Menores en situación de risco.
- Internet, Xogos online, riscos e uso indebido. Precocidade no risco e problemas de conduta.
- Repunte do consumo de drogas.
- Inicie sesión para enviar comentarios



