Pasar al contenido principal
Charla divulgativa sobre a compostaxe organizada polo concello de Cangas

A compostaxe e a horta ecolóxica

FacebookTwitterShare
A compostaxe e a horta ecolóxica

O vindeiro luns ás 17:00 horas O Concello de Cangas ten programada unha charla divulgativa sobre “A compostaxe  e a horta ecolóxica”, na que se abordarán diferentes técnicas que se poden utilizar como alternativa ao emprego de produtos químicos, centrándose nas vantaxes e beneficios que ten a utilización da compostaxe, facendo especial referencia aos composteiros comunitarios que o Concello de Cangas ten instalados en coordinación coa Deputación de Pontevedra.  A sesión informativa, que ten unha duración prevista dunhas catro horas, correrá a cargo de Yolanda Pastoriza, que é  mestra composteira da Deputación e é a responsable dos composteiros comunitarios instalados na Comarca do Morrazo. A charla realizarase no Salón de Plenos do Concello e a entrada é libre.

A actividade organizase desde a Concellaría de Desenvolvemento Económico do Concello, en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente, estando coordinada desde a Casa de Oficios.

 

A CONCELLEIRA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E EMPREGO LOCAL

Ánxela Vizoso Marcos