Axudas ao emprendemento e á consolidación empresarial
Dende a Concellaría de Desenvolvemento Económico e Emprego Local do Concello de Cangas quérese dar difusión a unha serie de axudas de recente publicación relativas ao emprendemento e á consolidación empresarial en prazo de solicitude da Xunta de Galicia, e poñer á disposición da veciñanza os servizos da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello para ampliar información sobre as mesmas.
Asemade, débese lembrar que seguen en prazo, entre outros, o programa de “Axudas a persoas traballadoras autónomas” (TR341D e TR349F) convocado polo DOG nº 50, do 13/03/2017, e o “Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración” (TR349R), convocado polo DOG nº 68, do 6/04/2017.
- Inicie sesión para enviar comentarios



