5 minutos de silencio polos atentados en Cambrils e Barcelona
O Concello de Cangas súmase á iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e manifesta a súa consternación polos graves e penosos feitos acaecidos en Barcelona e Cambrils e, como mostra de apoio ás vítimas e ás súas familias e amigos, realizouse unha convocatoria para gardar cinco minutos de silencio diante do Concello ás 12 horas do día de hoxe.
Desde o Concello queremos manifestar o noso máis profundo rexeitamento ante actos deste tipo, que demostran os riscos da intolerancia para unha convivencia pacífica das persoas e mostramos toda a nosa solidariedade.
- Inicie sesión para enviar comentarios



