Pasar al contenido principal

XURXO CORTAZAR presenta: DESCONEXIÓN

XURXO CORTAZAR
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 12 de maio ás 21:00 horas.

 

Dramaturxia e dirección: Santiago Cortegoso.

En escena: Xurxo Cortázar.

Luz e son: Javier Quintana / Del Ruíz.

Voces en off: Marián Bañobre, Santiago Cortegoso.

Deseño de luces e espazo sonoro: Dani Abalo. Escenografía, video e fotografía:Juan Silva. Vestiario: Elsa Aboy.

Deseño gráfico: Juli Molares. Idea orixinal e produción: Xurxo Cortázar.

 

Sinopse:

O individuo 299/1973 FK3 vive conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar. Xornada tras xornada desenvolve a súa rutineira misión sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara a liberdade e converterse nun ser humano. Unha avaría no seu sistema fai que saia da súa gaiola e emprenda unha viaxe cara o descoñecido. Por fin atopou unha vía para desconectar. No seu periplo vaise atopar en situacións descoñecidas para el, que terá que resolver coa dignidade que lle permita ser un monifate sen personalidade definida.

Mediante a dualidade do monifate do semáforo, en Desconexión tratamos temas inherentes ao ser humano: a rutina e as gañas de fuxir dela; a necesidade de formar parte de algo e a necesidade de individualidade; o afán de estar conectado e o afán de desconectarse… Sempre desenvolvidos desde un humor mordaz e corrosivo co fondo tráxico do sentimento de falta de liberdade para poder tomar decisións propias.

 

Venda de Localidades.

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O día da función: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo do espectáculo).

Prezo: 5€.