Pasar al contenido principal

X FESTIVAL AFAMO

X FESTIVAL AFAMO
Fecha de inicio Data de inicio:
Sábado, 7 de maio  ás 20:00 horas.
 
AFAMO, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer do Morrazo, celebra o vindeiro sábado 7 de maio o décimo Festival Solidario, que terá lugar a partir das oito da tarde no Auditorio Municipal de Cangas.
 

Nesta nova edición, as actrices Isabel Risco e Marián Bañobreserán as encargadas de conducir un evento no que os grupos participantes terán o nexo común da música tradicional. Este evento mesturará a música coa maxia.

 

Participantes:

Obal, grupo que explora tradicións musicais centroeuropeas co uso de instrumentos como o bouzouki, a zanfona ou o nyckelharpa. Pardal na rúa, grupo que mostra influencias dos países lusófonos na interpretación de temas tradicionais e composicións propias. Tanxedoras completará a parte musical con temas tradicionais recollidos a través dunha esencia propia e o Mago David Méndez.

Coa recaudación do espectáculo solidario, AFAMO axudará a sufragar parte dos programas que realiza nos concellos de Moaña, Cangas e Bueu desde fai 16 anos e que desde fai uns meses ampliou tamén a Vilaboa. Actualmente a asociación atende a máis de 70 persoas afectadas entre o Centro de Día de Alzhéimer de Moaña e os programas de estimulación psicolóxica e psicomotriz propios da asociación. Tamén imparte talleres de memoria para persoas maiores en colaboración cos concellos de Moaña e Vilaboa.

As entradas para o espectáculo están á venda a un prezo de dez euros (10€) no Centro de Día de Moaña así como nos teléfonos 986313761 e 661348755.