Pasar al contenido principal

WIWI MUSIC Presenta: CANTAMOS CONTIGO

CANTAMOS CONTIGO
Fecha de inicio Data de inicio:

Domingo, 4 de marzo ás 18:00horas.

WIWI MUSIC Presenta: CANTAMOS CONTIGO (público familiar)

É un espectáculo dirixido a nenas e nenos ata 10 anos de idade, a intención, ademais de entreter e divertir, é achegar valores fundamentais como son : 1.- RESPECTO E AGARIMO AOS PROFESORES (Dialogo de presentación da canción 16 PALABRAS EN INGLÉS) 2.- ESFORZO , MERITO ,CONSTANCIA : "Canta, ri, xoga, acaba a tarefa, cada día hai que estudar " (Canción CANTAMOS CONTIGO) 3.- ESTUDO E APRENDIZAXE DO INGLÉS :"Con esta canción vas aprender 16 palabras en inglés?" (Canción 16 PALABRAS EN INGLÉS) 4.- AFECCIÓN Á LECTURA E AMOR AOS LIBROS : "cos libros vivirás mil aventuras"(Canción OS TEUS AMIGOS OS LIBROS) ILUSIÓN POLA INVESTIGACIÓN E A CIENCIA : Canción I D I 5.- ALIMENTACIÓN SA :Canción VERDURA E FROITA MADURA 6.- INTRODUCIÓN Á MUSICA CLASICA : Cancións TIPLE CONTRALTO BAIXO TENOR,OS INSTRUMENTOS

Ademais os nosos personaxes chámanse Yellow, Blue, Green, Rede e Pink. O espectáculo é tan dinámico e tan participativo que consegue que os nenos xoguen cos seus pais e todos divírtanse moitísimo. As cancións son orixinais, compostas por Manuel Pacho especialmente para este musical . O espectáculo, está baseado nunha escenografía orixinal na que os 5 compoñentes do grupo, cada un identificado cunha cor, desenvolven unhas coidadas coreografías adaptadas ás cancións, nas que, ademais, interveñen outros elementos como libros, xoguetes, e personaxes como a Gatita Rita, Paco o saltamontes, Cri cri o grilo, Luís o cigarrón e a formiga Asunción que interactúan cos nenos, facendo que cada espectáculo sexa diferente ao anterior e creando en moitos momentos un ambiente escénico propio dun musical. Toda a música foi gravada en Wiwi Music, un estudo de produción e gravación musical cunha gran traxectoria e prestixio. Manuel Pacho ten unha gran experiencia no mundo infantil. Desde a serie de debuxos animados “OS TROTAMUSICOS” ata este proxecto, compuxo mais de 60 cancións para CORTYLANDIA, a música da mascota de EXPO ZARAGOZA 2008 “FLUVI” anuncios para produtos infantís talles como PULEVA´.- VAILLE, VAILLE, VAILLE ou “VACACIÓNS SANTILLANA”.Temas como a música para a Presidencia Española da Unión Europea estreada o 1 de Xaneiro do 2010, o Himno do PP ,O Desafío Español da Copa America , Kiss FM ,etc. dan idea da versatilidade deste compositor.

VENDA DE ENTRADAS
ANTICIPADA:

www.servinova.com // Tfno.: 902 43 44 43
O DÍA DA ACTUACIÓN: Despacho de billetes do Auditorio de 16:00 a 18:00horas.
(2 horas antes do comezo da función).
Prezo Único: 6€