Data de inicio:
Sábado, 29 de outubro ás 21:00 horas
de Daniel Castelao
Dirección:
Celso Parada
Sinopse:
Esta é unha farsa que trata dos amores de tres vellos imprudentes, D. Saturio, D. Ramón e o señor Fuco, que teñen a desgracia de poñer os seus ollos na mocedade garrida de tres rapazas novas: Lela, Micaela e Pimpinela. Como consecuencia desa imprudencia, os tres rematan morrendo. D. Saturio, envelenado cun solimán da propia botica. D. Ramón, que por un bico entrega a alma deitado no esterco; e o vinculeiro señor Fuco, que remata por casar coa namorada e morrendo de felicidade.
Venda de Localidades:
Anticipada: www.ataquilla.com (ataquillacangas)
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19 a 21 horas (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 8€.


