Pasar al contenido principal

TEATRO DO MORCEGO presenta NOSA SEÑORA DE LAS NUBES

NOSA SEÑORA DE LAS NUBES
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 22 de outubro  ás 21:00 horas

 

Dirección:

Celso Parada

 
Reparto:

JosiLage en BRUNA e personaxes da lembranza.

Celso Parada en  OSCAR e personaxes da lembraza.

Mundo Villalustre en MEMÉ, RENÁN , XAN.

Pablo Costas na interpretación musical.

 
Escenografia e vestiario: Carlos Alonso. Iluminación: Celso Parada e Pablo Costas. Música: Pablo Costas. Cartaz e programa: Jacobo Gayo.
Agradecementos: Luz Jares, Centro Daniel Castelao, Auditorio de Cangas.
 

Sinopse: 

 

“Nosa Señora das Nubes”, escrita por Aristides Vargas, céntrase no encontro de dous personaxes expatriados  nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a lonxana  Nosa Señora das Nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras , o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo.

Obra conmovedora , a peza gañadora de varios premios internacionais, cóntanos a historia destes dous exiliados que se atopan e descobren a dor e a soidade polo alonxamento da súa propia terra. Oscar e Bruna dous personaxes que constantemente van alternando entre as memorias do pasado e o presente, comparten anécdotas da súa experiencia como exiliados; os seus soños, necesidades, frustracións, desexos, amores, esquecementos e relembranzas.

Unha obra que vai máis aló do exilio, que significa non só a perda dun país, senón do exilio da relixión, dos afectos, dos animais, e ata de nós mesmos.

A nosa Señora das Nubes é un pobo que só existe na memoria dos expatriados, trazando un mapa da experiencia da diáspora como unha condición existencial de desarraigamento, neste caso inspirada pola historia do exilio latinoamericano

No pobo da nosa Señora das Nubes está presente o realismo máxico, o real  e  a poesía en acción...

 
 
Venda de Localidades.
 
Anticipada: www.ataquilla.com (ataquillacangas)
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19 a 21 horas (2 horas antes do comezo da función).
 
Prezo: 8€.