Pasar al contenido principal

TEATRO DO MORCEGO Presenta: AMERICAM CAFÉ

AMERICAM CAFÉ
Fecha de inicio Data de inicio:

Domingo, 2 de outubro ás 20:00horas (8 da tarde).

 

TEATRO DO MORCEGO Presenta: AMERICAM CAFÉ de M. Rouhabi

 

Dirección: Celso Parada.

Elenco: María Salgueiro / Marcos Vieitez / Carlos Mosquera "Mos" / Antonio F. Simon / Xabier Deive / Celso Parada.

Escenografía e Vestiario: Carlos Alonso. / Iluminación : David Deive. / Arranxo musical “La Frontera”: Anxo Graña. / Técnico luz e son : Pablo Costas. / Maquillaxe: Fani Mosqueira. / Produción e axudante dirección: María Veiga. / Tradución : Henrique Harguindey.

Na América profunda, un bar preto da fronteira mexicana. Os que o frecuentan refán a historia cada día, sufocados pola calor, por aburrimento e por delirios xenófobos. O seu universo, é o da televisión e o alcohol. Alí viven só algúns marxinais: un vello negro, un vendedor de polo fritido, unha fermosa camareira que espera o amor. Un día, Larry Stocker, o célebre animador de Talk-Show atravesa a porta... A América de Bush , as guerras que se eternizan, a omnipresencia vulgar da televisión non arranxaron os "asuntos" desta América dos pobres. Este gran bazar organizado destrúe as conciencias dos alienados a base de risiñas enlatadas. A Crise chegou, está presente de novo aquí e agora, os excluídos aínda a han sufrir mañá. Evidentemente, son sempre os mesmos os que pagan. Neste caso, brindan! No bar de " American Café "! Pagan cos seus corpos e os seus hándicaps. Soltan a ferida do seu corazón e as avarías dos sentimentos. E cando a indixencia vai acompañada da crueldade, o peor está xustiño ao outro lado do mostrador.
 

American Café é tamén unha comedia. Pero unha comedia tráxica, que xira mal de cando en vez. É por veces horrible, suxa e mala, pero aínda así unha comedia amarga. A enerxía do desespero destas figuras que habitan esta terra de calamidades tópase coas situacións máis divertidas. Os estereotipos, as repeticións inútiles, os lugares comúns e outros clixés, a trivialidade das intencións dos personaxes acumúlanse no mundo perdido de American Café.

 

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho de billetes do Auditorio: de 18:00 a 20:00horas.

(2 horas antes do comezo da función).