Pasar al contenido principal

TEATRO DO ATLÁNTICO Presenta: O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES

O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 19 de novembro  ás 21:00 horas

De Josep Maria Miró i Coromina
 
Dirección:
 
Reparto:
María Barcala ….. Ana.
Toni Salgado ….. Xurxo.
Alberto Rolán ….. Héctor.
Marcos Vieitez ….. David.
 
Tradución: Afonso Becerra de Becerreá. Deseño de iluminación: Baltasar Patiño / Xúlio Lago. Fotografía e deseño cartel: Tino Viz/Margen. Axudante de Dirección: Diego Rey. Música e espazo sonoro: Anxo Graña. Vestiario: Susa Porto.
 
Sinopse:
Os pais duns rapaces que asisten a uns cursos de natación infantil preséntanlle á directora do Centro as queixas sobre o inadecuado comportamento dun monitor, quen tratando de tranquilizar a un cativo, asustado ao ter que prescindir do “salvavidas” para lanzarse á piscina, abrazouno e deulle un bico, segundo lles contou aos pais unha nena compañeira de cursiño.

O adestrador explica que o único que fixo foi intentar calmar a angustia do rapaz e axudalo a tranquilizarse, pero os pais non aceptan esa versión dos feitos e o conflito, lonxe de resolverse, non para de medrar.

 
 
 
Venda de Localidades:
Anticipada: www.ataquilla.com (ataquillacangas)
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19 a 21 horas (2 horas antes do comezo da función).
 
Prezo: 8€.