Pasar al contenido principal

TEATRO DE NINGURES presenta: UNHAS POUCAS PICADELAS

UNHAS POUCAS PICADELAS
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 3 de decembro  ás 21:00 horas

 
 
de Laila Ripoll.
 
Dirección:
Etelvino Vázquez.
 
Reparto:
Ela: Sonia Rúa.
El: Lois Soaxe.
Voz: Pepa Barreiro.
 
Tradución: Xosé Manuel Pazos. Axudante de dirección: Pepa Barreiro.Técnico: Héctor Pazos. Deseño de escenografía: Pablo Giráldez. Composición musical: Anxo Graña. Deseño de Vestiario: Julia Abal. Deseño gráfico: Diego Seixo. Deseño de iluminación: Salvador del Río. Produción: Ningures Produción S.L.
 
 
Sinopse:
En Unhas poucas Picadelas,a autora afonda no terreo da violencia de xénero e, de maneira moi concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres: violencia machista. A orixinalidade da súa proposta radica en que non hai unha historia concreta ou, mellor dito, a aparente falta de historia, de narración, semella convidarnos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas. É unha obra de imaxes contemporáneas de ánimas en pena, algunhas iluminadas polos medios de comunicación, mais a maioría, agochadas pola escuridade do anonimato.
O detonante da peza é un recorte dun xornal que narra a nova do que foi un asasinato dunha muller por parte da súa parella, ou como se lle queira chamar a este tipo de homes. Isto deu lugar ao cadro homónimo de Frida Khalo de 1935, no que se ve unha muller tendida sobre unha cama co corpo perforado polo coitelo dun home que mira para ela. Destila o título a idea de que “non foi para tanto”, vaia, que non foron máis ca unhas poucas picadelas… Curioso, pero real. Parece que a culpa de morrer é de quen morre…
A partir dese elemento que pode parecer anecdótico, pero que non o é, a autora propón unha reflexión directa e intelixente sobre a cuestión, metendo o dedo na chaga de moitos dos tópicos que, por desgraza, seguen a amparar – ou, moitas veces a ignorar- este tipo de comportamentos violentos.
 
 
Venda de Localidades.
 
Anticipada: www.ataquilla.com (ataquillacangas)
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19 a 21 horas (2 horas antes do comezo da función).
 
Prezo: 8€.