


Sábado, 4 de xaneiro ás 18:00 horas.
Intérpretes: Rocío Salgado e Martín Maez
Dirección: Xoan Abreu
Música e letras: Jonathan Caramés, Martín Maez e Xoan Abreu
Realización de escenografía: Coti Faro e Avento Producións
Deseño de iluminación: Javier Quintana
Á pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios, decide contratar a un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. O problema é que , as veces, esas novas ideas da cociña moderna poida entrar en conflito co bo facer máis clásico de Ana.
Voces en directo, Tap Dance , unha imaxe coidada e o humor son os ingredientes da nova comedia musical de Teatro Avento Producións.
Misturando estos ingredientes quérese transmitir unha mensaxe clara: a importancia do traballo en equipo e da educación no diferente porque non só o que coñecemos é o mellor. Temos que aprender a apreciar a variedade do noso mundo e a abrir a nosa mente porque as cousas non son só como nos pensamos que deben ser.
Venda de localidades:
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, de 16:00 a 18:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).
Prezos: 5€.