Pasar al contenido principal

TALIA TEATRO Presenta: E TI QUEN VÉS SENDO?

TALIA TEATRO Presenta: E TI QUEN VÉS SENDO?
Fecha de inicio Data de inicio:

Domingo 3 de maio ás 20:00 horas.
 

TALIA TEATRO Presenta: E TI QUEN VÉS SENDO?

 

Autor e Dirección: Cándido Pazó / Escenografía: Carlos Alonso / Son: Toño Casais / luminación: Dani Trillo / Vestiario: Carlos Alonso

Elenco artístico / formación: Toño Casais Artur Trillo David Creus Dani Trillo Marta Ríos Rosi Barcala María Ordóñez Diego Rey Gustavo G. Dieste Xurxo Barcala

Que pasaría se, de súpeto, alguén ocupase o teu lugar na vida? Pero non alguén en xeral, senón unha copia exacta de ti mesmo, que coñece ata os máis íntimos detalles da túa vida. Como demostrar que un mesmo é o "auténtico" cando o "outro" é idéntico a un mesmo? Este é o arranque da peripecia do Anfitrión de Plauto, revisitada en clave actual por Cándido Pazó. Anfitrión e o seu escravo Sosia son suplantados polos deuses Xúpiter e Mercurio mentres están na guerra. O motivo deste engano é o desexo amoroso de Xúpiter por Alcmena, a muller de Anfitrión.

Clasificación: Comedia / Duración: 80 min. / Público: Adulto