Data de inicio:
Sábado, 19 de maio ás 21:00 horas.
A beiralúa é o espazo onde se atopan os exploradores dos roteiros da imaxinación. Nas marxes da lúa pódense intuir as peculiares (an)danzas destes seres, onde mesturan as soidades do pensamento e as fuxidas da mente, coa xuntanza veciñal para afinar os sentidos. Ao caer o sol, centos de dedos entrasnados debuxan no aire caprichosos sons que invitan a manterse en movemento. É o único xeito de ficar ao carón da lúa, de gozar destes momentos únicos e de mantela entretida… antes de que peche.
Dende a terra, moitos miran de esguello este lugar. Saben que hai momentos do día en que algo acontece. Quizáis so agardaban esta invitación sonorapara vir percorrela. Quedamos na beiralúa.
Marta Barreiro
Venda de localidades:
Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo do concerto.
Prezo: 10€.


