Pasar al contenido principal

SONDESEU AO VIVO

SONDESEU AO VIVO
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 30 de maio ás 22:30 horas

SONDESEU Presenta: SONDESEU AO VIVO

 

Director xeral: Rodrigo Romaní / Directores das seccións: Rodrigo Romaní: sección de arpa / Anxo Pintos: sección de zanfona / Francisco Javier Feijoó: sección de canto e pandeireta / Alfonso Franco: sección de violín / Xosé Liz: sección de requinta / Xaquín Xesteira: seccións de gaita e de percusión.
 

Sondeseu combina instrumentos pertencentes á súa tradición cultural (gaitas, diferentes instrumentos de percusión, requintas, zanfonas) con outros que proceden do ámbito do folk (arpas, contrabaixo, violíns) para producir un timbre único e característico.
 

As súas melodías pertencen a unha tradición que durante séculos se transmitiu oralmente de xeración en xeración ata converterse nunha das máis diversas, sofisticadas e mellor conservadas de Europa. Unha tradición que incorporou aos seus propios ritmos outros de variada procedencia, asimilándoos e adaptándoos ao seu xeito de pensar e sentir a música.
 

Os concertos de Sondeseu sempre sorprenden ao público. En primeiro lugar, son sorprendentes pola coordinación que amosan 40 músicos tocando sen director. Pero, sobre todo, impactan polo caudal de enerxía que se desprende desde o escenario. Neste sentido, Sondeseu é un exemplo perfecto do cúmulo de emocións que se poden transmitir a través da música cando os seus intérpretes a sinten como algo propio e expresan a alegría de compartila.

Clasificación: Música tradicional l/ Duración: 1 h 20 min.

Entrada: Butaca 8€ Anfiteatro: 5€

 

VENDA DE LOCALIDADES:
Anticipada: http://www.servinova.com/ / tfno.: 902 504 500
O día da función: no despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo do espectáculo.