Pasar al contenido principal

SEXO? PORQUE NON?

SEXO? PORQUE NON?
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 29 de outubro ás 21horas

Eme2 Presenta: SEXO? PORQUE NON?

 

Autor: Franca Rame e Dario e Jacopo Fo
Dirección: Álvaro Lavín
Elenco: Mercedes Castro

O espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Coa actriz Mercedes Castro (Amelia en Padre Casares) sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.

O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2.
Isto non é un monólogo. Por Álvaro Lavín. Director de escena. En ‘Sexo? Por que non?’ aparecen máis de dezasete personaxes, a saber: Adán, Eva, un anxo, Yahvé-Deus, Carlos de Inglaterra, un señor de Boloña, un famoso cirurxián, Rosalía –unha morena impoñente-, o produtor do espectáculo, un tremoia, a irmá de Mercedes Castro –de nome Aurora-, a nai de Mercedes Castro, varias amidas da infancia de Mercedes Castro e algún dos seus fillos, e incluso a propia Mercedes Castro, que debería ser a protagonista, aínda que a pobre non pode estar aquí porque non pode separarse do seu mozo, que, por certo, tamén aparece, aínda que só por teléfono...
Un monólogo é outra cousa, é o desenvolvemento do monólogo interior –de aí o nome- dun personaxe, pero aquí é todo exterior, acción, interrelación entre personaxes distintos que discuten, quítanse a palabra, pelexan. E axúdanse a apóianse, tamén.

Realmente, para ser unipersoal ‘Sexo? Por que non?’ ten máis acción que moitas das obras de teatro para varios actores que coñezo, e iso é o que me gusta deste texto. Ademais é unha acción moi dinámica, que esixe unha alta dose de enerxía por parte da intérprete, pois as accións polas que pasa son intensas e sempre sorprendentes, desde a descuberta do sexo por parte de Adán e Eva, dentro do Paraíso e coa participación dun demo moi especial, ata unha clase particular de como conseguir o orgasmo feminino, chea de humor e de ritmo, como non podía ser doutro xeito. Por todo isto o traballo de ensaios está sendo un pracer, xa que esta obra permite –e en certo modo esixe- unha posta en escena chea de cambios, de picos de ritmo, de contrastes e de matices

 

VENDA DE LOCALIDADES
Anticipada:

www.servinova.com / teléfono: 902 43 44 43
O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 19:00 a 21:00horas.
(2horas antes do comezo da función).