Data de inicio:
Sábado, 19 de outubro ás 21:00 horas.
Creación e dirección:
GONÇALO GUERREIRO
ELENA SEIJO,
FERNANDO DACOSTA,
FRAN LAREU
FINA CALLEJA,
SABELA GAGO
Unha carroza cargada de maletas, que está a acubillar a misteriosos pasaxeiros, consegue poñerse en marcha e lánzase polos camiños dunha Bretaña imaxinaria. A cuadrilla leva da man, na súa danza , a un sochantre asustado. Queren que toque para as exequias do señor De Quelven. Todos se ilusionan coas melodías do seu bombardino, pois, por un espazo breve de tempo, as notas arrincan aos espectros da súa condición.
É éste un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, diñeiro e sangue pero non hai mortes nin ninguén morre, quizáis porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido siga eternamente vivo. O poder do diñeiro, a luxuria, a gula, os negocios obscuros colocan aos personaxes en situacións irónicas entre a vida e a morte onde a eternidade acaba por afirmarse como o máis duro castigo xudicial.
“E tampouco vos dixemos que nós, estando mortos, non podemos acender lume en fogar nin entrar en casa onde estea aceso, nin comer pan de trigo, nin cousa algunha que leve sal ou aceite, nin beber viño. Pero agora mesmo imos cara ás ruínas do mosteiro de Saint- Efflam a Terre, e Mamers ten alí, na que foi cociña dos frades, unha pipa de cervexa dobre de marzo e un xamón adobado con pementa que enviamos a asar…”
Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, de 19:00 a 21:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 5€.


