Pasar al contenido principal

REDRUM TEATRO presenta: A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR

A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR
Fecha de inicio Data de inicio:
Xoves, 29 de decembro  ás 18:00 horas

 

Elenco: 

Nena - Laura Míguez
Xeadeiro - Guillermo Carbajo 
Profesor Sorsor - Carlos Álvarez-Ossorio
 
Dirección:
Alex Sampayo
 
Texto:
Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
 
Produción:
Redrum Teatro
 
Sinopse:
"A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinándolle que dentro de cada un de nós agóchase unha persoa única e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos"
 
A Nena Que Quería Navegar é o novo espectáculo de Redrum Teatro. Unha obra musical que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo, festivo que non podedes perder.
 
Xénero:
Comedia musical familiar
 
Idioma:
Galego
 
Duración:
50 minutos
 
Público:
Infantil e Familiar
 
 
Venda de Localidades.
 
Anticipada: Ataquilla.com
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 16 a 18 horas.
Prezo: 8€