Pasar al contenido principal

QUEIMAN e POUSA Presentan: UN VERSO UN CANTAR

UN VERSO UN CANTAR
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado 18 de maio ás 21:00 horas.

 
Un espectáculo ambientado a principios do século XX onde a poesía e a canción van da man, en Homenaxe á Emigración Galega.

“Un verso, Un cantar” nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa; sumado ao gusto de fusionar distintas artes para ofrecer ao público un amplo abanico de sensacións, lendo a estes artistas, foi simple hilar o sentimento que os unía a todos, que desembocaron na declamación poderosa e sentimental de Bruxo Queiman co delicado e penetrante canto de Andrea Pousa , ese contraste que os fai tan característicos.

Fusión poética e musical, de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Neira Vilas, e tantos outros que xa non están entre nós, pero que foron nosa voz e memoria desde outras terras , ata autores dos nosos días, como Méndez Ferrín ou Manuel Rivas, que continúan ese labor de supervivencia da nosa cultura.

Fusión pouco habitual de declamación, canto e música, que envolve o público nun halo elegante, creativo á vez que próximo, tanto polo sentimento que esconde tras cada verba ou nota, como pola novidade e amplitud do público que abarca.

Con este espectáculo representarase dunha forma artística a emigración Galega cando se reunían e reúnense nos centros galegos para cantar e recordar a “o seu?”Galicia que xamais esquecerán.

Mostrando a identidade da nosa cultura a través dos nosos poetas e escritores; e así recordar a memoria de todos os galegos que cruzaron o Atlántico deixando Galicia atrás, para darnos un mellor futuro.

 

Venda de localidades:

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas.

 

Prezo: 5€.