Pasar al contenido principal

PUROFILIN Presenta: SAUDADE DE MACHÍN

PUROFILIN Presenta: SAUDADE DE MACHÍN
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 1 de maio ás 22:30 horas

 

PUROFILIN Presenta: SAUDADE DE MACHÍN

Interpretes: Jamila Castillo (voz) e Alejandro Luzardo (guitarra).

Machín comezou a rodar polo mundo tras dun soño musical. E alcanzouno. Os boleros, guarachas, sones; e demais pezas interpretadas por Machín, hoxe soan indelebles e lembralas provoca nostalxia por unha época que non por difícil resulta menos entrañable. El, coa súa voz e a súa cadencia; alegrou unha época gris que aos poucos foi enchéndose de cor e esperanza. Cantos momentos suxire escoitar hoxe as cancións de Machín? Bastará con pechar os ollos e evocar, á vez que tararear tantas historias relatadas con la dulzura dun cantor marabilloso.
Purofilin, en homenaxe a Machín, interpreta neste concerto os principais temas da discografía deste gran artista.

Entrada: 4€. Carné xove, estudante, familia numerosa e +65 anos: 2€.