Data de inicio:
Sábado, 25 de marzo ás 21:00 horas
P. T. EXCÉNTRICAS Presenta: A CABEZA DO DRAGÓN
Autor: Ramón María Valle-Inclán.
Dirección e adaptación: Quico Cadaval.
Escenografía e iluminación: Baltasar Patiño.
Deseño de son:Javier María López
Deseño Vestiario: Suso Montero.
Música:Javier María López.
Coreografía:Iván Marcos.
Interpretación:Quico Cadaval, María Costas,
Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez.
Sinopse: Esta fábula, que é do dominio público, está brillantemente manipulada polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que él creou: o esperpento.
Duración: 85 minutos.
Idioma:Galego.
Venda de Localidades.
Anticipada: ataquilla.com (en google: ataquillacangas) // Tfno.: 902 504 500.
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 8€.
Pensionistas e xubilad@s, demandantes de emprego, carné xove e estudantes: 5€.


