Pasar al contenido principal

Proxección do documental: CRÓNICA DA REPRESIÓN LINGÜISTICA

CRÓNICA DA REPRESIÓN LINGÜISTICA
Fecha de inicio Data de inicio:
Xoves, 18 de xaneiro ás 20:00 horas.

 

Guión, dirección e produción executiva: Xan Leira

Produtora: Acuarela Comunicación S.L.L

Ano: 2007

Xénero: DOCUMENTAL

Duración: 28 min.

Formato: VIDEO DIXITAL. Produción:Diana Reiter. Música: Enrique Estrada. Realización: Sara Pequeño. Montaxe: Sara Pequeño, Valentín Caamaño. Cámara e fotografía: Fausto Carrasco, Sara Pequeño, Xan Leira.  Axudante de dirección: Sara Pequeño. Investigación e documentación: Xan Leira, Sara Pequeño. Axudante de produción: Romina Doce. Locución: Luís Iglesia. Infografía:Matías Losada Arca, Sara Pequeño. Imaxes fílmicas de arquivo:  Arquivo Audiovisual Dixital de Galicia, CGAI.  Imaxes fotográficas de arquivo: Arquivo Audiovisual Dixital de Galicia, Arquivos particulares. Coros:Irene Pérez Salgueiro, Enrique Estrada. Estudio de son: Sushi Records. Foto fixa: José Luis Abalo.

 

Sinopse:

Nos primeiros anos do século XX prodúcese na nosa terra un auxe da reivindicación lingüística e cultural galega asociada a unha toma de conciencia por parte de grupos galeguistas e republicanos que espallan no conxunto da nosa sociedade arelas de cambios e tranformacións.

Anos despois, co alzamento fascista de 1936, a sociedade galega sofre a represión máis brutal da nosa historia e a lingua galega non fica allea á barbarie e á represión fascista. A nosa lingua é un obxectivo a destruir e facer desaparecer da vida pública e íntima do pobo galego.

A resistencia e a fondura histórica e identitaria da nosa fala fixo posible que a lingua galega perviva aos anos escuros da ditadura.