Pasar al contenido principal

Proxección da longametraxe documental CASTELAO E OS HIRMÁS DA LIBERDADE

CASTELAO E OS HIRMÁS DA LIBERDADE
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 7 de xaneiro ás 20:00 horas. Entrada de balde!!!

Galicia, 2000
 
Dirección: /Xan Leira
Entrevistado: /Francisco Fernández del Riego

Guionista, Montaxe e Produción: /Xan Leira
Presentación ou locución: /Luís Iglesia

Fotografía: Jose Luis Abalo
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / La Voz de Galicia / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Acuarela Comunicación, S.L.L. / Televisión de Galicia (TVG)

 

Sinopse:
A figura do pensador galego máis destacado do século XX serve de fío conductor para irmos coñecendo Galicia desde comezos de século ata 1951, ano da morte do líder galeguista. Mediante a voz de toda unha miríada de persoas que o coñeceron persoalmente vemos como era o Castelao real e como a súa figura era percibida polos seus coetáneos. A implicación de Castelao no galeguismo mediante as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista chéganos dos testemuños directos de Xaime Illa Couto, Antón Fraguas ou Francisco Fernández del Riego. Onda a figura persoal, coñecemos feitos históricos como o referéndum do Estatuto e a Guerra Civil. Gravación 1999-2001.
 
Idioma: galego
 
Duración:77'