Pasar al contenido principal

Proxección cinematográfica: NADO EN XIRIA

NADO EN XIRIA
Fecha de inicio Data de inicio:
Mércores, 7 de xuño ás 21:00 horas

 

Título orixinal: Nacido en Siria

Ano: 2016

Duración:85´

Dirección: Hernán Zin

Guión: Jose F. Ortuño, Hernán Zin

Fotografía: Hernán Zin

Xénero: Documental

 

Sinopse:

Dende que comezou a guerra civil en Siria uns catro millóns de sirios e sirias tiveron que abandonar o país fuxindo da violencia. Máis da metade deles/delas son nenos e nenas. “2016. Nacido en Siria” narra o periplo das persoas refuxiadas dende o punto de vista dos/das menores que viven esta situación tan dramática: os abusos das mafias, as inclemencias do mar, a incertidume sobre un futuro ao que a gran maioría se enfronta apenas co posto, e descubriremos que chegar ao seu destino é só o comezo dunha nova odisea: a de integración nunha terra nova e, en moitos casos, hostil. O maior éxodo de persoas refuxiadas dende a Segunda Guerra Mundial visto a un metro e medio de altura a través de sete historias de guerra, sufrimento e desesperación… pero tamén de superación, inocencia, valor e esperanza, que nos permitirán entender que significa nacer en Siria neste momento histórico.

 

Premios:

2016: Premios Goya: Nominada a Mellor documental

 

ENTRADA DE BALDE!