Pasar al contenido principal

PACO CONTRERAS presenta: CONCERTO - OBRADOIRO INFANTIL "BRINCA VAI! DE AQUÍ A ACOLÁ!

PACO CONTRERAS presenta: CONCERTO - OBRADOIRO INFANTIL "BRINCA VAI! DE AQUÍ A ACOLÁ!
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 21 de novembro ás 6 da tarde

"Brinca vai! de aquí a acolá" é unha proposta na que a música, as cancións, o humor e o enxeño toman a palabra para convidar á creatividade e a viaxar ao longo dos doce meses do ano achegándolle a xente miúda da casa as tradicións, a natureza, os xogos e as festas populares.

A música actua unha vez máis coma fonte de trasmisión do galego ao promover que os nenos e nenas sigan cantando as cancións tras finalizar a actividade, na que cantan, bailan e brincan, gozando dunha auténtica festa no noso idioma.

ENTRADA GRATUITA!