Pasar al contenido principal

OS BOLECHAS CANTAN CON LADY VINA

OS BOLECHAS CANTAN CON LADY VINA
Fecha de inicio Data de inicio:

Xoves 2 de xaneiro ás 18:30 horas

Cangas recibirá este ano Os Bolechas na súa Xira de Nadal. Os populares irmáns creados por Pepe Carreiro estarán no Auditorio Municipal de Cangas o xoves 2 de xaneiro, co seu novo espectáculo Os Bolechas cantan con Lady Vina. A función dará comezo ás 18.30 horas.

Trátase dun dos maiores espectáculos infantís do ano, cos Bolechas da tele e actores que porán en escea un musical no que se poderán escoitar algunhas das cancións do disco Os Bolechas fan unha banda, no que participan dez dos grupos e intérpretes galegos máis relevantes do actual panorama musical.

Pero non será doado para Os Bolechas cantar os seus temas, porque Lady Vina quere lucirse e sacarlles protagonismo. Pero non o vai conseguir, e para iso será fundamental a axuda do público.

Entre as sorpresas desta xira está a posibilidade de ver os Bolechas da tele, os monicreques, que sairán a escea cos manipuladores á vista, algo moi novidoso. Xunto con eles haberá actores que darán o contrapunto aos bonecos construíndo unha historia coral e divertida para todos os públicos.

Destaca a calidade do elenco artístico “moi experimentado posto que é o mesmo que manexa os monicreques para a serie da TVG” pero tamén do elenco técnico, no que figuran nomes como os de Eduardo Alonso ou o dramaturgo José Prieto, gañador de varios premios María Casares e Max. Na dirección está Santi Prieto.

A Xunta de Galicia, a través de Agadic, colabora nesta xira xunto coa TVG, Novagalicia Banco e a Fundación Novacaixagalicia.

 

Venda de entradas

anticipada:

 www.servinova.com  // teléfono 902 504 500

 

O mesmo día da función:

Despacho de billetes do Auditorio, de 16:30 a 18:30 horas

Prezo: 12€.