Pasar al contenido principal

O XOGO DE YALTA. AFTERPLAY

O XOGO DE YALTA. AFTERPLAY
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 28 de novembro ás 21:00hs.

 

TEATRO DO ATLÁNTICO Presenta: O XOGO DE YALTA. AFTERPLAY
 

Autor: Brian FrielDirección: Xúlio LagoAdaptación: Goretti SanmartínEscenografía: Rodrigo RoelSon: Xavier Constenla/xúlio LagoIluminación: Xúlio LagoVestiario: Susa Porto

Elenco artístico / formación:

Por orde de aparición en escena:

Pianista: Xavier Constenla

Dmitri Dmítrievich Gúrov: Damián Contreras

Anna Sergéyevna: Victoria Pérez

Sónia Serebriakowa: María Barcala

Andréi Prozorov: Gonzalo M. Uriarte

 

A vida e as súas voltas.... Unha volta máis: Dúas parellas, home e muller, home e muller.

Unha composta por xentes ricas, ociosas e adúlteras en lugar e tempo de lecer, xogando a namorar. O verán, a luz, o sol.... a música que o envolve todo, o champán coas súas burbullas.... e un can.

A outra parella, en complicada situación económica e afectiva, o frío invernal en Moscova, a ausencia de luz, e a música, sempre a música.... que devén en silencio.

E o vodka, compañeiro fiel.

Época: 1900 (Máis como se fose hoxe)

Dous lugares, dúas estacións, diferentes estados anímicos, máis sempre as paixóns conformando a vida e enchéndoa de risas e de bágoas.

Os públicos conmoveranse con estas fermosas historias creadas por Brian Friel en "colaboración" con Chéjov. Risas e bágoas, beleza, humor e drama chegarán ata nós a través da creación de catro grandes intérpretes: María Barcala, Gonzalo M.Uriarte, Damián Contreras e Victoria Pérez, arroupados/as desde o piano pola música de Xavier Constenla.

 

Venda de localidades:

Prezos: Adulto: 4€. Carné xove, estudante, familia numerosa e +65 anos: 2€.

 

Venda anticipada:

www.servinova.com / telefono: 902 504 500

O día da función: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo da función).