Pasar al contenido principal

NOITAREGA CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

NOITAREGA CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 5 de novembro ás 20:30horas

NOITAREGA CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

 

Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. Pasou xa moito tempo dende aquel ano 1989 no que Xosé Oliveira, Fernando Costas, Xosé María Gutiérrez e Manuel Alonso fundaron o grupo resistindo o paso do tempo dun xeito máis que digno. Precisamente, para conmemorar os seus 21 anos de existencia, Noitarega ofrécenos “XXI”, un disco gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do mesmo grupo que, fiel ao seu estilo, nos amosa a clara evolución da banda e que conta cunhas colaboracións de luxo: Anxo Pintos berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”, entre outros. Ao longo destes anos Noitarega foi colleitando numerosos premios, como os do Concurso Folclórico “Sementeira” de Cambre ou o Concurso de Gaitas de Ponteareas, ofrecendo innumerables actuacións tanto por toda a xeografía galega e española (Auditorio novacaixagalicia de Vigo, Festival Internacional de Mérida, Expo 92 de Sevilla, Casa de Galicia en Madrid, Palau de Congressos de Montjüic en Barcelona, etc), coma en Francia (Bordeos), Portugal (Lisboa) ou mesmo nos Estados Unidos (Nova York, Nova Jersey ou Connecticut), compartindo escenario con artistas da talla de Berrogüetto, Luar na lubre, Susana Seivane ou Xosé Manuel Budiño, e consolidándose como un dos maiores expoñentes da música tradicional galega e como un embaixador da cultura galega por todo o mundo.

Musicalmente falando, tanto os concertos como os traballos discográficos do grupo veñen ser un Fito no que respecta a unha nova interpretación da música tradicional galega, xuntando o sabor do tradicional con novas e rechamantes opcións instrumentais e interpretativas, todo isto conseguido cunha base instrumental netamente autóctona (gaita, zanfona, tamboril, bombo, pito pastoril, requinta, tarrañolas, culleres, pandeireta, ferriño, pandeiro, etc.) e realizando uns arranxos totalmente anovadores, como a combinación de gaitas en diferentes tons, zanfona con pito e requinta ou misturas de diferentes aparellos percusivos.

 

VENDA DE LOCALIDADES

O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 18:30 a 20:30horas.

(2 horas antes do comezo da función).

Prezo da entrada: 5€