Sábado, 23 de xullo ás 22:00 horas.
JULIO BOCCA e o BALLET NACIONAL DE URUGUAY Presentan: NOCHE DE DANZA
Chega a Cangas o BALLET NACIONAL DE URUGUAY de xira por Europa, en Galicia en esta xira o ballet actuou cun rotundo exito en Vigo o 12 de xullo e en Coruña os dias 14 e 15 de xullo, antes de partir a Italia para continuar a xira, para voltar a Galicia para cumplir co público de Cangas e de Santiago de Compostela.
Primeira Xira Europea realizada polo Ballet Nacional de Uruguay co motivo do seu 75 aniversario .
Espectáculo de danza clásica e contemporánea. 30 Bailaríns en escena, para presentar un programa que incluie obras como “Nuestros valses” do mestre Vicente Nebrada, “Doble Corchea”, “Fusión Tango/ candombe obra de Ana María Stekelman, entre outras...
Ballet dirixido por Julio Bocca, o que foi ata a súa retirada dos escenario o mellor bailarín do momento.
Duración aproximada do espectáculo: 1 hora e 45 minutos con intermedio incluído.
É un autentico privilexio para o Auditorio de Cangas poder ofrecera o seu público une vento desta magnitude que en Galicia so pódese disfrutar nesta xira en Vigo, A Coruña, Santiago e Cangas.
+info. :
balletnacionaluruguay.blogspot.comVENDA DE LOCALIDADES
www.servinova.com // Tfno.: 902 43 44 43
O DÍA DA ACTUACIÓN:
Despacho de billetes do Auditorio de 20:00 a 22:00horas.
(2 horas antes do comezo da función).


