Pasar al contenido principal

NELSON QUINTEIRO & BRAIS GONZÁLEZ presentan: MÚSICAS DE DOMINGO

MÚSICAS DE DOMINGO
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Venres, 3 de xaneiro ás 21:00 horas.

 

O cantareiro cangués Nelson Quinteiro fará unha presentación especial do seu segundo e novo disco, "Músicas de Domingo" da man do pianista Brais González.

Será un concerto moi especial, presentado polo sr. Alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e no que farán un percorrido por diferentes momentos e pezas da carreira musical de Nelson Quinteiro ao longo dos últimos 20 anos, dende que comezara a súa andaina de moi novo co grupo cangués "Cabesa de Pau".

O disco "Músicas de Domingo", que será presentado peza a peza, está obtendo interesantes críticas de xornalistas especializados. Descrito por Emilio Españadero (Lume na Palleira, Radio Galega) como unha "marabilla musical" ou por Fernando Íñiguez (Radio3 RNE) como "un disco muy bonito, un universo sonoro evocador y hermoso", foi definido por Vituco Neira (Faro de Vigo, Radio Galega Música) do seguinte xeito: "Músicas de Domingo sabe a terra e rega xenerosamente nesas nosas raíces, nun exercicio de perfecta evocación da man dun Quinteiro que deixa claro de onde é e de onde vén, sempre deixando a xanela aberta a ventos doutras latitudes que enchen de osíxeno e fan perder o norte da escoita con certa facilidade poñéndote nunha viaxe especialmente singular".

Un concerto para non perder!!!

Con entrada gratuíta até completar aforo!!! E con un guiño especial á Asociación ADICAM!!!!

Un concerto deseñado como unha viaxe emotiva e moi especial que fala da indentidade musical e que ten a Cangas como fonte de inspiración e de agradecemento.

Un concerto, ademais cunha nota de responsabilidade social:

O 50% dos ingresos derivados pola venta de discos o día do concerto serán donados á Asociación ADICAM, coa que Quinteiro vén colaborando habitualmente en concertos, actos ou actividades.

 

Entrada de balde!