Pasar al contenido principal

MOFA & BEFA presenta: CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA

MOFA & BEFA presenta: CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA
Fecha de inicio Data de inicio:
Sábado, 11 de novembro ás 21:00 horas.
 
 
 
con EVARISTO CALVO E VICTOR MOSQUEIRA.

 

Dirección de Arte: Natasha Lelenco.

Espazo Lúmínico: Octavio Mas.

Atrezzo: Marcelino de Santiago, “Kukas”:

Produción: Rubén G. Pedrero.

Autores: Pepe Sendón e Carlos Santiago.

Dramaturxia e Dirección: Carlos Santiago.

Xénero: comedia.

Duración: 90 minutos.

Idioma: Galego.

Público: Maiores de 13 anos.

Logo de vintecinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de palcos e tablaos, tanto flamencos como euskaldúns, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas ou nos desabrigados cortellos das redes teatrais do estado, o celebrado dúo cómico Mofa e Befa enfronta por primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana, aquela que obriga aos dubidantes a desconfiar de todo o que os arrodea, a comezar por si mesmos, postulando ademais a existencia dun xenio maligno, tal vez un escuro funcionario da Xunta de Galicia, responsábel de os conducir por errados camiños e empurralos por derivas pouco sustentábeis desde un punto de vista racional. É hora de pensar, non queda outra.

E esa é a gran pregunta. De que vai iso de pensar? Unha pregunta que trae aparellada a súa propia revelación, porque se do que se trata é de aprender a pensar, por que non superar todas as dúbidas como dúo cómico facendo un espectáculo sobre a propia ciencia do pensamento, coñecida desde hai dous mil quiñentos anos polo enigmático e farfallado  nome de “filosofía”?

 

Venda de Localidades.

Anticipada: www.ataquilla.com(en gougle: ataquilla cangas)

O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo da función).

 

Prezo: 8€.