Data de inicio:
Domingo, 22 de abril ás 20:00horas.
Abrapalabra creacións artísticas
Presenta a: CANDIDO PAZÓ
En MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Monólogo escénico – narrativo sobre o libro de
Xosé Neira Vilas
Adaptación e outros textos: Cándido Pazó
Dirección: Candido Pazó
Cómico – narrador: Cándido Pazó
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso / Música original: Manuel Riveiro / Videocreación: Nano Besada Caneda, Ruben Vidal “Zé” / Deseñador da iluminación,operador de vídeo e xefe técnico: Afonso Castro / Construción escenografía: David Fuentes / Deseño gráfico: Alberto Gende / Axudante de dirección: Afonso Castro / Produción: Belén Pichel / Colaborador na dirección: Avelino González.
O ESPECTÁCULO
Literatura e tradición oral.
Misturando textos da obra de Neira Vilas con materiais da tradición oral e a memoria colectiva, combinando
humor e emoción, evocación e anécdota, elaboración e improvisación.
Teatro directo.
Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida trayectoria como conteiro e monologuista. A estilización formal do teatro e a comunicación directa do monólogo cómico e a xograría da palabra, na senda de Darío Fo, El Brujo, Pepe Rubianes...
Videocreación.
Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións.
Música original.
Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.
VENDA DE LOCALIDADES
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio de 18:00 a 20:00horas.
Prezo da entrada: 8€.


