Pasar al contenido principal

AS MAIMIÑAS presenta: UNHA VIAXE POLO MUNDO

UNHA VIAXE POLO MUNDO
Fecha de inicio Data de inicio:

Mércores 4 de xaneiro ás 18:00 horas

O percorrido de ́As Maimiñas ́ ́As Maimiñas ́ é unha aventura musical dirixida, principalmente, a nenos e nenas de entre 0 e 10 anos e ás súas familias. Segundo as necesidades da contorna, ou o contexto histórico onde estean actuando, o espectáculo é distinto, adaptándose a calquera espazo cultural. “As Maimiñas” recopilan as ideas máis destacadas, incorporándoas con naturalidade ao formato escénico. Esta flexibilidade, sempre cunha finalidade didáctica, pensando nos públicos infantís e as súas familias, permitiulles representar as súas historias nunha gran variedade de escenarios: colexios, auditorios, todo tipo de museos, eventos culturais como feiras, festivais, etc, ou festas e romarías onde os máis pequenos teñen a súa programación paralela.
 
Sinopse:
"Unha viaxe polo mundo" é o seu primeiro conto-disco publicado, e con el ven cumprido un dos seus soños. Conta a historia de como As Maimiñas deciden ir unha tarde a camiñar. Sen darse de conta, as dúas protagonistas chegan a diferentes países do mundo. En cada un deles créase unha historia, unha canción, unha danza típica e adaptan roupa e accesorios que caracterizan ao país visitado nese momento.
Durante máis dunha hora, os nenos e as súas familias cantarán, bailarán e desfrutarán dun espectáculo que é tamén unha viaxe chea de humor por fermosos lugares do noso planeta.
 
 
Venda de Localidades.
O mesmo día:
Despacho de Billetes do Auditorio, de 16 a 18 horas.
Prezos:
Nenas e nenos: 3€
Adultos: 5€