Pasar al contenido principal

MAGO PACO presenta: CINEMATOMAGO

MAGO PACO
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Sábado 21 de decembro ás 18:00 horas.

 

Mago: O mago Paco

Guión: Marina López e Fran Otero

Dirección: Marina López

Duración: 70 minutos

Público: a partir de 3 anos

Técnica: máxia infantil

 

Sinopse: Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago e unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.

Tod@s escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cine”. Pois nesta ocasión a través do seu cinematomago, O mago Paco fará desta frase unha realidade presentándonos distintos clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia. Convertindo esas míticas escenas nun espectáculo máxico en directo e coa colaboración imprescindible do seu público.

Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do mago Paco.

 

Venda de localidades:

O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, de 16:00 a 18:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).

 

Prezos: 3€.