Pasar al contenido principal

LEMBRANZAS DA RÍA E A BANDA DE MÚSICA BELAS ARTES Presentan FESTA NA VILA

FESTA NA VILA
Fecha de inicio Data de inicio:
Domingo, 29 de xaneiro  ás 19:00 horas
 
Dirección Artística:

Manolo Cobas.

Interpretación:
Música: Banda de Música Belas Artes.
Baile e música: Lembranzas da Ria.
Baile: Meiramar Axóuxeres.
Charanga: Fran López, Camilo González, Eduardo Bermúdez, Adrián, Sandro Sotelo, Roberto Sotelo.
Actrices: Iria de Pazos Bugarín, Ángeles Menduíña Otero, María Fernández e Rosa E. Gantes.

Dirección Coreográfica: Manolo Cobas. Dirección Musical: Santiago Barreira. Dirección Escénica: Salvador Del Río. Dirección Teatral: Casilda Alfaro. Deseño de Iluminación: Salvador Del Río. Técnico De Iluminación: Héctor Pazos. Técnico de Son: Henry Pérez. Escenografía: Lembranzas da Ría , André Calvo , Ricardo Vestiario: Lembranzas Da Ría. Textos:Alberto Barriro " Warren".

Colaboración especial de Meiramar Axóuxeres de Moaña e a Escola das Artes Escénicas de Cangas.
 
Sinopse:
Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Belas Artes de Cangas.

As bandas de música tiñan un papel moi importante dentro da nosa tradición. Aínda que o instrumento máis representativo da música tradicional é a gaita, moitas bandas adaptaron melodías e cantos populares aprendidos de xente da aldea para facer as súas obras. Ao mesmo tempo os gaiteiros incorporaban ao seu repertorio músicas que escoitaban das bandas dándolle o seu toque persoal. E así, confluíndo uns cos outros xurdiron outras formacións, como as charangas e as murgas. Moitas festas e romarías foron amenizadas por bandas de música e gaiteiros, onde a xente bailaba e namoraba,,,

"Festa na Vila"mostra o baile tradicional das romarías e festas amenizadas por bandas de música. Un percorrido desde principios até mediados do século XX, onde se pretende amosar o baile polas distintas comarcas: Ancares, Xallas, Fonsagrada, Carballo, Deza, Tabeirós, Ponteareas, Mondariz, Carballiño,....

As melodías que se interpretan pertencen a compositores de principios de século XX, como Gustavo Freire, Ricardo Coutier, Reveriano Soutullo,Gregorio Baudot , José Oro Val , Antonio Amigo, Enrique García Rey....

Esta representación transcorre a través da historia de Sabela, unha moza que regresa á aldea dos seus pais co único recordo que ten deles, unha fotografía antiga bailando ao lado dun palco de música. Prodúcese entón unha regresión ao pasado que a leva a distintas épocas e momentos na vida dos seus pais, desde que se coñeceron até a despedida pola emigración.

 
Venda de Localidades:
Despacho de Billetes do Auditorio, de 17 a 19 horas (2 horas antes do comezo da función).
Venda anticipana en Catefería Tostadeiro (Avd. de Lugo).
 
Prezo: 4€.