Data de inicio:
Sábado, 12 de maio ás 22:00 horas
LAS NOCHES DEL CLUB DE LA COMEDÍA
"El club de la comedia" emblemático programa de monólogos producido por Globomedia e que se emitiu en todas as cadeas nacionais con gran exito, seguido por máis de 2 millóns de espectadores, ofrece a posibilidade de gozar desa mesma experiencia en directo con "Las noches del club de la comedia"
DIEGO ARJONA, actor cómico que se deu a coñecer na pequena pantalla a través do programa "El club del chiste". Posteriormente participou en "El club de la comedia", posúe dúas das cualidades propias dun gaditano: moita soltura e arte para facer rir. A combinación perfecta para ser un dos tripulantes de "Las noches del club de la comedia", fuxindo de tópicos e apostando pola frescura e a axilidade.
MANU BADENES, cómico ao máis puro estilo "Saturday Night", as súas actuacións teñen a principal fonte de inspiración nas situacións cotiás que todos sufrimos día a día ao servizo do humor. As súas enérxicas representacións veñén servidas con boas doses de enxeño, astucia e elocuencia. Todo iso sérvenos para pasar un intre moi agradable, e de paso, ensínanos a rirnos un pouquiño máis de nós mesmos. Sen dúbida máis dun verase reflectido.
TONI MOOG, empezou en televisión da man de Paramont Comedy, no programa "Nuevos cómicos", espazo no que segue aparecendo cos seus monólogos. Posteriormente pasou a formar parte de varios programas entre los que destacan: "AMF" e "Boquería" en TV3, "Homo Zapping" en Antena 3, "A tribu" en Telecinco, "UAU" en Cuatro e "O club de la comedia" -na Sexta.
VENDA DE LOCALIDADES.
Anticipada: servinova.com // teléfono: 902 504 500
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio de 20:00 a 22:00horas.
PREZOS:
Anticipada: 16€
O mesmo día: 20€


