Pasar al contenido principal

LA TIRITA TEATRO Presenta: “EL ROMEO Y LA JULIETA”

LA TIRITA TEATRO Presenta: “EL ROMEO Y LA JULIETA”
Fecha de inicio Data de inicio:

Mércores, 30 de decembro ás 18:00 horas

 

LA TIRITA TEATRO Presenta: “EL ROMEO Y LA JULIETA”

 

Autor: La Tirita de TeatroDirección: Alberto AlfaroAdaptación: Llanos CamposEscenografía: La Tirita de TeatroIluminación: José Diego RamírezVestiario: Cristina González Leiva
 

Elenco artístico / formación: Patricia Charcos Rodrigo RamírezPaco Úbeda
 

Que pasaría se Romeu e Xulieta fosen dous nenos, fillos de inmigrantes? E se en lugar de Montescos e Capuletos a “disputa” fose entre dúas culturas tan diferentes como a nixeriana e a colombiana? Este é o punto de partida de El Romeo y la Julieta. Román e Julita viven a súa historia de amor fronte á oposición dos seus pais, desexosos de preservar as súa raíces nun país extraño, e a comprensión das súas nais, que saben ver o amor que os une máis alá da cor da pel e da súa orixe. Os amigos de Román e Julita asisten, como nenos que son, ao namoramento destes, entre divertidos e asombrados. Algúns sacan á luz o mellor e outros o peor, o racismo que non deixa de ser o froito da ignorancia e a intolerancia. El Romeo y la Julieta fálanos de emigración, integración e, o máis importante, de que por encima de todo están as persoas, os sentimentos e o respecto cara aos demais. Fálanos da máscara da sociedade e das persoas, dos prexuízos. Fálanos da mestizaxe, tan necesaria como real, das culturas, das persoas que se encontran casualmente nun lugar e non miran a cor da pel, nin o acento, senón os valores que cada cal leva dentro.
 

Público familiar Entrada: 2€
 

(Venda de entradas sen numerar)