Pasar al contenido principal

KVETCH (Unha comedia americana sobre a ansiedade)

KVETCH (Unha comedia americana sobre a ansiedade)
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Venres 8 e Sábado 9 ás 22:30 horas, e domingo 10 de maio ás 20:00 horas

TEATRO DO MORCEGO Presenta: KVETCH (Unha comedia americana sobre a ansiedade)

Autor: Steven Berkoff / Dirección: Alvaro Lavín (teatro Meridional) / Escenografía: Carlos Alonso / Son: Anxo Graña / Iluminación: Octavio Mas / Vestiario: Manuela Bronze

Elenco artístico / formación: Celso Parada, Pedro Alonso, Mónica Caamaño, Dorotea Bárcena e Antonio Reis.
Imaxine un intre no que vostede puidese expresar en alto todo aquilo que pensa polo baixo, sen ser oído polos que o rodean. . Imaxine a cantidade de sesións de diván na consulta do psicoanalista que aforraría. Ou non?. Un espectáculo impúdico, xubiloso, devastador e feroz dos seus medos , frustracións e estrés diarios de toda clase : “Kvetch”. Vivimos todos baixo a ameaza da bomba –do cancro- dos axentes canceríxenos – da enfermidade - do paro – da impotencia – do medo ao medo – dos negros – dos brancos – da policía – dos impostos – da declaración da renda - de quedar calvos – de engordar – de poñernos feos – de ser parvos – de non ser enxeñosos – de ser tímidos- de preocuparnos por aprender a tocar o piano – do medo ao fracaso –de non causar boa impresión - - medo á forza dos demais – a non ter xubilación – a vellez – a morte – á guerra… Esta é unha obra adicada a tódolos que teñen medo.
Clasificación: Comedia / Duración: 90 min. / Idioma: Galego / Público: Adulto

Entrada: 4€. Carné xove, estudante, familia numerosa e +65 anos: 2€.

VENDA DE LOCALIDADES:
Venda anticipada: www.servinova.com / tfno.: 902 504 500
O día da función: no despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo do espectáculo.