Pasar al contenido principal

IAGO FERNÁNDEZ presenta: ACOUGO

ACOUGO
Fecha de inicio Data de inicio:

Domingo, 4 de xaneiro ás 12:30 horas

Acougo é o título do segundo proxecto discográfico con autoría de Iago Fernández (Cangas, 1987), un novo músico formado en percusión clásica e especializado en jazz (Musikene, San Sebastián) chamado a converterse nun dos nomes destacados do jazz galego. Unha ampla traxectoria como sideman teno levado a tocar en España, Europa e América acompañando a nomes como Perico Sambeat, Jordi Rossy, Guillermo Klein, Javier Colina, Masa Kamaguchi, Logan Richardson, Avishai Cohen, Omer Avital etc, e a gravar máis de 20 discos. Acougo conta con dez temas propios de Iago Fernández cargados de melodía e moita conexión entre os músicos.

https://www.youtube.com/watch?v=pUPl7jw5rrU&index=2&list=UU_lN4Of5RNN_zl3VEDGAk4A

https://www.youtube.com/watch?v=ZPowaIwqm90&index=4&list=UU_lN4Of5RNN_zl3VEDGAk4A

Venda de localidades:
Despacho de Billetes do Auditorio.
De 11:30 a 12:30 horas (1hora antes).
Entrada: 6€.