Pasar al contenido principal

HOMENAXE A JOSÉ AFONSO

HOMENAXE A JOSÉ AFONSO
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 13 de marzo ás 20:30hs.

 

HOMENAXE A JOSÉ AFONSO

 

COLECTIVO ZECA AFONSO

GRUPO NA VIRADA (Galiza)
Maria Xosé López: voz, zanfona, cavaquinho, percusión. Xico de Carinho: harmónicas, berimbau, percusión. Humberto Heredia: guitarra,voz. Rodri Martínez: percusión galega, caixa, djembé.

JOSÉ PUMAR (Galiza), voz, flauta, acordeón e percusión galega.

TINO BAZ (Galiza), voz, guitarra, zanfona, gaita e percusión galega.

ANA RIBEIRO (Portugal), voz, guitarra

Este Coletivo constituiuse no ano 2009 para interpretar e dar a coñecer a obra deste fundamental cantor e compositor da música portuguesa, adheríndose, asemade, ás conmemoracións e ao Manifesto do 80 aniversario do seu nacimento (Agosto-2009-2010) da Asociación José Afonso de Portugal (AJA) (

http://80anosdezeca.blogspot.com)

O Colectivo Zeca Afonso ofrecerá unha significativa mostra do repertorio de José Afonso nos seus diferentes estilos e épocas ( baladas, cantos de intervención ou de protesta, populares, solidarias,...). como Os Vampiros, Canto moço,Menino do Bairro negro,Alípio de Freitas, Balada de outono, Traz outro amigo também,A morte saiu à rua, Cantar galego, ou Virá de Coimbra, entre outros.
 

Para rematar, todos os membros do Colectivo cantarán os temas:
“O que faz falta” e o “ Grândola,vila morena”,.himno- contraseña que deu inicio á Revolución dos Caraveis e derrubou a dictadura salazarista.
José “Zeca” Afonso mantivo um forte vínculo coa Galiza, por mor das súas amizades, das súas actuacións e do seu enorme interes pola cultura e o idioma galego, como amosa o texto enviado á organización da Homenaxe Galiza a José Afonso, celebrado no Parque de Castrelos. Vigo,1985, disculpando a súa asistenza debido á súa avanzada enfermidade.

“Aproveito esta oportunidade para mais uma vez afirmar a minha grande amizade pela terra e pelo povo galego com o que ao longo de anos mantivem as melhores relaçoes, e para manifestar também a minha inteira solidariedade com a loita pelo reconhecemente efectivo da lingua e cultura galega”.
José Afonso
AZEITÃO, 30 AGOSTO 1985

N.B.-JOSE AFONSO EN CANGAS. Neste 2010 cúmplense 30 anos da actuación de José Afonso en Cangas. Foi no xa desaparecido Cine Calvar, un dia de Agosto do ano 1980.

Venda de localidades:
Entrada única: 3€.
O día do concerto: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo do acto).