Pasar al contenido principal

GRUPO VARALONGA presentación do disco: POÉTAS POPULARES DE CANGAS

POÉTAS POPULARES DE CANGAS
Fecha de inicio Data de inicio:
Venres, 24 de novembro ás 20:30 horas.

 

Integrantes do grupo:

Seso Portela, guitarra eléctrica, acústica 12 cordas, harmónica e voz.

Toño Parcero, baixo e voz.

Hono Parcero, guitarra acústica, cabaquinho e voz.

Daniel Gallego “Chani”, batería.

Eses Porto, acordeón.

 

O grupo VARALONGA (ex compoñentes do grupo Nuevas Amistades, que participaron en moitísimos festivais aló polos anos 70) acaban de editar un novo traballo para a asociación cultural “A Cepa” co titulo POETAS POPULARES.

O pasado Maio foi a saída dixital deste proxecto con poemas dos nosos poetas Serafín Graña (Serafín) e José Santos (Pepe O Poeta). Un traballo que o grupo ofrece ao pobo de Cangas e deixa a vosa consideración, para que escoites as palabras dos nosos cantores da rúa, que tanto nos axudaron a vivir en tempos difíciles.

Serafín e Pepe, dous poetas, dous estilos, cadanseu coa súa forma de ser e de vivir; pero en ámbolos dous aparece a mesma vontade de seren poetas populares de Cangas, de seren os cronistas do tempo que lles tocou vivir...