Data de inicio:
Sábado, 14 de novembro ás 21:00hs.
TEATRO DO NOROESTE Presenta: “GLASS CITY (CIDADE DE CRISTAL)”
Autor: Eduardo AlonsoDirección: Eduardo Alonso
Escenografía: Paco ConesaSon: Bernardo MartínezIluminación: Eduardo AlonsoVestiario: Paco Conesa
Elenco artístico / formación: Xavier Estévez, Luma Gómez, Carlos Mosquera "Mos", Monti Castiñeiras, Maxo Barjas, Xan Casas, Christian Escuredo, Ramón Orencio, Brandán Lourenzo, Fernando Tato, Fernando González, Brais Morán, Julia Méndez Julia Sánchez
Teatro do Noroeste, é unha compañía que, na súa dilatada traxectoria de máis de vinte anos, ten producido e distribuído unha gran cantidade de espectáculos. Entre estes espectáculos salientan desde textos clásicos como: Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais, ata textos máis contemporáneos como Os Xustos, de Albert Camús, ou de autores galegos como Historias Peregrinas, ou A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro e o musical, Imperial: Café cantante. Vigo 1936, de Eduardo Alonso.
En Glass City, hai dúas cuestións que impregnan todo o argumento do espectáculo e forman parte esencial da obra: o lugar e a época. O lugar é a cidade da Coruña; e a época é o setembro de 1958. Nesa época e nesas datas adoitaba pasar varios días de veraneo, o entón xefe do Estado Español, o ditador Francisco Franco, na Coruña. Con el chegaban á cidade unha morea de ministros e altos cargos daquel goberno que, instalados na cidade, a transformaban, durante uns días, na capital de España. Alí celebráronse consellos de ministros e constantes recepcións no Pazo do Concello, no club Náutico, e noutras sociedades civís, tamén se fixeron grandes cantidades de inauguracións, festexos e concursos para darlle brillo e esplendor a aquel réxime usurpador que xa levaba imposto máis de vinte anos.Os membros da escolta de Franco, maiormente militares, que conformaban tanto a casa civil como a militar do ditador, chegaban a cidade dispostos a divertirse e gastar os sobresoldos que o Réxime lles facilitaba. Montábanse entón grandes partidas de cartas, onde os visitantes eran alegremente desplumados polos espelidos residentes que agardaban a chegada dos madrileños con grande expectación. Presidía a corporación municipal, naqueles meses, o alcalde Alfonso Molina, protexido da esposa do ditador e asiduo participante de festas e nocturnidades. Daquela época vén o dito de que "mentres Santiago reza e Vigo traballa, a Coruña divírtese".Pero é tamén neste ano de 1958, cando chegan aos bares de A Coruña, as "juke box", máquinas de discos, importadas de Estados Unidos e que viñan cargadas con cancións de Elvis Presley, Paul Anka, Neil Sedaka, Chubby Checker e compañía, o xerme da revolución da música xuvenil estaba servida e callaría anos despois, pero algúns mozos coruñeses atentos, adiántanse. Nace a xuventude como clase social.Mais non todos están sometidos ao Réxime, ao menos internamente. O traxecto que recorre a escolta do ditador todos os días, do Pazo de Meirás ao Concello da Coruña, é u bo lugar para un atentado, as curvas de Bastiagueiro, continuas e pechadas, que obrigan a reducir a velocidade dos coches, préstanse para iso. Aínda que posiblemente aconteceu anos despois, neste espectáculo datamos neste ano un intento de atentado ao ditador. Hai que ter en conta que Franco tivo, que agora se saiba, más de trinta intentos de atentados ao longo da súa dilatada ditadura.Glass City, non é unha obra histórica, pero a historia incide nela con especial consideración. Sobre todo os sucesos que aconteceron neses días na Coruña: as inauguracións da Sociedade Hípica, da Fábrica de Armas ou do Supermercado de San Agostiño, a cea de gala no Pazo do Concello, onde, para susto de todas as autoridades, se interpretou o Himno Galego, ou a pesca por parte do Azor e de Franco, dunha balea que case creou un incidente político, pois a prensa non sabía se chamala cachalote ou cetáceo. Son acontecementos, entre outros, que aparecen reflectidos nos fíos argumentais deste espectáculo.Venda de localidades:
Prezos: Adulto: 4€. Carné xove, estudante, familia numerosa e +65 anos: 2€.
O día da función: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo da función).
+info.: teatrodonoroeste.com


