Data de inicio:
Sábado, 18 de abril ás 21 horas
AUTOR:
JORDI GALCERÁN
É o dramaturgo máis recoñecido da escena actual catalana. O seu texto O método Grönholm foi representado por todo o mundo. Os seus textos tratan temas de
actualidade e reflexionan en clave traxicómica sobre aspectos esenciais da nosa vida cotiá.
DIRECTOR:
FERNANDO BERNUÉS
A dirección estará a cargo de Fernando Bernués, director habitual de Tanttaka, e recoñecido polas direccións de espectáculos como O florido pénsil, La mano del emigrante ou El hijo del acordeonista. Os seus traballos destacan por unha coidada estética e un traballo que imprime emoción e intensidade ás interpretacións.
ACTORES:
ANTONIO DURÁN 'MORRIS'
Pertence á xeración de actores que medraron co agromar do teatro profesional en Galicia. Fixo parte da primeira fornada da compañía Artello, traballou como protagonista en montaxes do CDG como O enfermo imaxinario. Con Eme2 participou do elenco O florido pénsil. No plano audiovisual os papeis en series como Pratos Combinados ou Padre Casares fixeron del unha das maiores figuras artísticas de Galicia.
PEDRO ALONSO
É un dos actores máis prestixiados da xeración dos 70. Desenvolveu a súa formación fóra de Galicia o que lle deu a posibilidade de traballar en todo o Estado. O gran recoñecemento do público veulle dado polo seu papel na serie Padre Casares e continúa recollendo éxitos coa súa interpretación en Gran Hotel. Os seus últimos traballos no teatro foron en Los justos de Camus e en Por amor al arte dirixida por Gerardo Vera.
SINOPSE:
No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas
están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe… Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso como unha ovella. Quizais hoxe mirarás ao director da oficina aos ollos, poñeraslle as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, pero hoxe,
se o señor director non che solta a pita, iniciarás unha acción definitiva que converterá a súa vida nunha catástrofe. O crédito estreouse en Barcelona e xa leva 8 meses continuados en cartel recibindo unhas fantásticas críticas e un cheo total nas súas funcións. A versión en castelán tamén xa está estreada e colleitou o mesmo éxito.
IDIOMA:
Galego.
Venda de Localidades.
Anticipada:
www.ataquilla.com // Tfno.: 902 504 500
O mesmo día:
Despacho de Billetes do Auditorio.
De 19:00 a 21:00 hs. (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 16€.


