Data de inicio:
Sábado, 17 de marzo ás 21:00 horas.
EL PRODUCIÓNS ARTÍSTICAS Presenta: LORCA E AS FLORES DE VENUS
Dirección e adaptación: Eisenhower Moreno
Lorca e as flores de Venus é unha visita aos acontecementos históricos, unha reflexión activa, libre e persoal sobre o universo creativo e simbólico Lorquiano. A aposta en escena, ten o obxectivo de explorar as moitas vertentes do lúdico, apoiase totalmente nas posibilidades de interpretación corporal, vocal e emocional do actor. Poucos aderezos e poucos obxectos de decorado dan espazo para que a historia gañe vida de forma áxil e cinematográfica, onde o teatro e a música se mesturan para crear unha atmosfera íntima. O público convértese en avogado, xuíz, fantasma, amigo, nunha compañía constante para o actor, para o Lorca, que no abeiro do seu cárcere interior tenta librarse das súas propias cadeas espíndose e entregándose aos ritos dun xogo psicolóxico
Para mais informacións enviamos en anexo proxecto da obra, crítica e un vídeo promocional da obra.
Vídeo promocional:
VENDA DE LOCALIDADES:
O mesmo día. Despacho de billetes do Auditorio: de 19:00 a 21:00horas.
Prezo da entrada: 6€.


