Pasar al contenido principal

EL PEZ GORDO Con Toni Cantó, Helio Pedregal e Bernabé Rico

EL PEZ GORDO Con Toni Cantó, Helio Pedregal e Bernabé Rico
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 6 de marzo ás 21:00hs.
 

EL PEZ GORDO Con Toni Cantó, Helio Pedregal e Bernabé Rico
 

Autor: Roger Rueff
Dirección: Juan Carlos Rubio
Espacio escénico: José Luis Raymond y Juan Carlos Rubio
Iluminación: José Manuel Guerra
Espacio sonoro: Antonio Meliveo
Vestuario: Pilar Mánver
Fotografía: Sergio Parra
Traducción: Bernabé Rico.

Nunha suite de hotel danse cita tres traballadores dunha firma de lubricantes industriais que preparan unha festa para captar novos clientes. Un é PHIL, un xefe de contas cincuentón recentemente divorciado que comezou a cuestionarse as súas metas na vida e no traballo. Outro é LARRY, pasado os corenta, enérxico, a viva personificación dun comercial agresivo. O terceiro é BOB, mozo afable, indagador e de fortes crenzas relixiosas, que acaba de ingresar no departamento de investigación da empresa. Unha empresa en crise abocada irremediablemente á quebra se non logran arrincarlle esa noite un suculento acordo comercial ao presidente dunha gran compañía: O Peixe Gordo?. O PEIXE GORDO recibiu o Premio Cunningham de Teatro da Universidade DePaul e foi obxecto dunha adaptación cinematográfica producida e protagonizada por Kevin Spacey que foi incluída na selecta lista de 75 películas que ninguén debería perderse segundo a prestixiosa revista Esquire. Este texto, desenvolvido na reputada organización teatral Chicago Dramatists, foi estreado en países tan dispares como EEUU, Xapón, Croacia e Italia. A razón deste éxito tan heteroxéneo radica na universalidade dos temas que trata e que cobra un especial sentido en momentos de zozobra económica: a conciliación do triunfo laboral coa honestidade, do deber profesional coa sinceridade persoal, dos obxectivos corporativos cos valores humanos. Unha auténtica sesión de psicanálise teatral que insufla esperanza a todos aqueles que xa se resignaron no escepticismo.

Venda de localidades:
Butaca: 14€ Anfiteatro: 12€
Venda anticipada:

www.servinova.com / telefono: 902 504 500
O día da función: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo da función).