Pasar al contenido principal

DANZAS DO MUNDO

DANZAS DO MUNDO
Fecha de inicio Data de inicio:

Xoves, 19 de xullo ás 21:30 horas.

 
 
Festival internacional de danza coa participación de:
 
RKUD JEDINSTVO (Serbia).

AC LEMBRANZAS DA RÍA (Cangas).

AFCX MEIRAMAR AXÓUXERES (Moaña).

 

O RKUD Jedinstvo (Serbia) data de antes da Segunda Guerra Mundial e conta con preto de 200 membros entre a orquestra de corda, a banda de 'dixieland', os coros e as diversas escolas de danza.

O seu repertorio conta con representacións da cultura e tradicións das diferentes rexións de Serbia a través de danzas e cantos típicos.

Este grupo participou en festivais en Grecia, Italia, España, Hungría, Bulgaria, Rumanía, República Checa, Eslovaquia, Francia, Turquía, Chypre, Sicilia, Portugal ou incluso o Norte de África, en Alxeria.

Ademáis, foi galardoado en numerosas ocasións con premios a nivel estatal e internacional.

Os precursores de RKUD ‘Jedinstvo’ (traballadorxs da asociación artística e cultural ‘Unity’) datan de antes da Segunda Guerra Mundial, cando un grupo de traballadorxs da Industria do Cristal de Pancevo formaron a orquestra de corda e a banda de dixieland (un estilo de jazz).

Nos anos 60 formouse a sección dramática. Uns 35 anos despois, o éxito das actividades culturais e artísticas da mocidade traballadora da Industria do Cristal en Pancevo desembocou na formación oficial do renovado RKUD ‘Jedinstvo’ (Traballadorxs culturais e artísticos da asociación ‘Unity’).

Actualmente, a asociación conta con 200 membros organizados en diferentes seccións: a popular orquestra, grupos de canto de homes e mulleres e grupos de danza na Escola de Danzas Folclóricas organizados por idades (grupo preparatorio, secundario e primario). RKUD Jedinstvo organiza escolas de danza folclórica na escola primaria Sveti Sava e Bratsvo-Jedinstvo. Dende 2011 esta asociación organiza cursos de danza para persoas maiores principiantes.

RKUD Jedinstvo representa os traxes tradicionais folclóricos. Os espectáculos de música danza e cancións folclóricas son auténticas en coreografía e estilo. O repertorio reflexa a herencia folclórica de todas as rexións de Serbio. A alma do seu traballo consiste en promover os coñecementos culturais en público, especialmente a través da xente máis nova. No centro do seu traballo está a educación artística e cultural da mocidade e a preservación dos valores artísticos que se reflexan na cultura tradicional.

Os grupos de RKUD Jedinstvo actuaron en diversos lugares en Serbia e en países estranxeiros. Actuaron en numerosas ocasións en Grecia, Italia, España, Hungría, Bulgaria, Rumanía, República Checa, Eslovaquia, Francia, Turquía, Chypre, Sicilia, Portugal e incluso no Norte de África, en Alxeria (entre outros).

Ademáis, estes grupos recibiron numerosos premios e recoñecemento polo seu esforzo na preservación da identidade cultural serbia. Entre eles o Golden zizak (1983), o maior premio en Pancevo no ámbito cultural e de creación artística; o premio á maior contribución na creatividade cultural dxs traballadorxs (tamén en 1983); premio ao mellor festival anfitrión (1985); recoñecemento pola participación no World Folklore Festival en Marsella (Francia, 1985); ETC

 
Venda de localidades:

Despacho de billetes do auditorio, 1 hora antes do comezo do espectáculo.

 

Entrada: 3€.